jueves, 26 de septiembre de 2013

Entrevista en el periódico Ourense por Barrios




Entrevista el 1 de septiembre de 2013 en el periódico Ourense por Barrios, publicada también en mundourense.com, por Oscar  Blanco.
Falamos con Saulo R.Mars, o autor de Trisquelium, unha saga de fantasía onde os dragóns cobran protagonismo.
Saulo R. Mars, é un autor ourensán, do barrio de San Francisco, amante da ciencia ficción, de libros como Os Mitos de Cthulhu, O Señor dos Aneis, Cita con Rama, e de películas como Forbidden Planet, Blade Runner, etc. Recentemente, publicou o primeiro libro da súa saga “Trisquelium”
Que é Trisquelium?
Saulo R. (S.R): Unha saga de fantasía onde non só ten cabida os convencionalismos deste xénero se non que tamén hai novas aportacións que penso que a enriquecen, entre outras moitas cousas…
Como xorde a idea de Trisquelium?
S.R: A idea xurdiu dun encontro entre dous camiños. Ela encontroume e eu estaba preparado para recibila. Cando comecei coa escritura desta saga, xa no intre mesmo en que soamente era unha idea, tiven que voltar aos meus orixes para poder creala.
É unha saga de cantos libros? Por que esta división?
S.R: Si, é unha saga, pero aínda non teño definido cantos libros serán. Penso que co segundo volume tereino máis claro. A división a proporciona a mesma historia. Débese contar pasiño a pasiño.
A qué lector vai dirixido? cal é o seu perfil?
S.R: Non me gusta moito poñer barreiras, e neste caso aínda menos, pois penso que se é o seu desexo, pódea desfrutar calquera lector.
Dragóns, fantasía, ... Non temes que o público a primeira vista poida establecer algún paralelismo con outras obras de actualidade como O Señor dos Aneis, ou o Hobbit?
S.R: Penso que non, son cousas distintas aínda que pertencen a un xénero moi parecido nalgúns casos, noutros distan bastante. De calquera maneira sería unha honra que fixeran tal paralelismo.
Onde radica a peculiaridade desta obra?
S.R: Os dragóns que aparecen en La Llave de Poder, ó igual que en toda a saga Trisquelium, son totalmente atípicos. Quixen mostrar cómo é a civilización da gran raza dragónida, cómo interactua co resto de razas, incluso cos humanos, e mostrar tamén a súa evolución tecnolóxica.
Es informático de profesión, como empezas a escribir novelas?
S.R: Escribo relatos desde adolescente, e pasar do relato á novela é para min unha evolución lóxica.
Pódese vivir de escribir libros?
S.R: Aínda que xa publiquei con anterioridade relatos inéditos en prensa e tamén noutras publicacións periódicas, en efecto esta é a miña primeira novela. Non é doado vivir da escritura pero tampouco imposíbel.
Moitos escritores quéixanse da dificultade de publicar as súas obras. Tiveches moitos problemas para sacar o libro á luz?
S.R: Penso que cada un ten o seu camiño e ningún é doado, así e todo podo dicir que fun afortunado nesa situación. Non me foi demasiado difícil dentro do que cabe.
Cando sairá a próxima entrega?
S.R: Se todo vai coma penso o segundo volume verá a luz a finais do ano que ven.
Podes adiantarnos algo?
S.R: Pódoche dicir que vai a ser moi trepidante.
Deixa unha mensaxe aos lectores
S.R: Escoitar a nosa voceciña interior cada vez que esta nos fale. É moi sabia.